viernes, 22 de enero de 2016

Qué parte desta 1ª entrega fixeches ti?

A miña participación nesta fase consistiú en aportar ideas a Laura no diseño do logotipo da nosa empresa. As niñas aportacións a Laura consistiron en suxerencias para os colores i en decidir o tipo de letra a empregar. Ista é, na miña opinión, unha fase moi divertida, pois hai que ser moi imaxinativos e creativos para conseguir que a imaxe da nosa empresa recolla a idea do que queremos facer e trasladar os nosos clientes.

Tamén colaborei con David en dar respostas as diferentes preguntas que nos axudan a decidir o modelo de empresa que imos a crear. Penso que o traballar en Equipo, na elaboración das respostas para as preguntas mais importantes que nos debemos facer na creación ducha empresa, é moi necesario. Niste caso, tendo en conta que a idea da empresa foi miña, as opinións de David foron moi interesantes, importantes e constructivas.

Por qué cres que é importante plantearse as cuestións do punto 1 á hora de iniciar un negocio?

É moi importante. Se queremos construir unha empresa non é sufecinte ter unha idea, é moi necesario pensar e planificar o que imos a facer, cales son os nosos obxetivos, a competencia que podamos atopar, o sitio onde nos imos a ubicar, a súa utilidade (teremos clientes interesados?),... Diste xeito teremos máis información para saber si a empresa ten viabilidade económica, o que temos que facer en cada momento, e tamén imos  comprobando si os obxetivos se van cumprindo, de tal xeito que podemos ir modificando o plan si fose necesario para millorar ou conseguir os resultados que esperamos.