martes, 3 de mayo de 2016

Plan de inversión

Nun plan de inversión recóllese todo o relacionado coa economía da empresa, xa sexan beneficios coma o que perdas gastando en materiais para esta.


Un emprededor ten que facer isto xa que, ten un presupuesto para gastar, e con isto organiza o diñeiro que va a gastar e se lle chega ou se non. Por iso paréceme importante que se faga.


O inmovilizado material xa que era o máis longo de facer e o que máis custa, ademais de que non me poñía de acordo con David xa que por exemplo as cousas que había que comprar eran máis das que dicía.


Que temos que gastar moito máis do que temos, é dicir, non é un negocio rentable e temos que quitar cousas xa que se non non o podemos sacar adiante.


miércoles, 6 de abril de 2016

Local e plano

Neste apartado aprendín a buscar un local para un negocio, paréceme unha parte importante para emprender un negocio xa que é o sitio, pero máis importante paréceme o de saber facer un plano e facelo, xa que xestionas o espazo que vas ocupar referente ó apartado (taquillas, sala, baños...) que vas por en cada lugar e así ver máis ou menos o sitio onde vas a facer o teu negocio e se o espacio chega ou tes que buscar outro.


Esto se aprende como todo, con dificultades, estas fueron discusiones con David no plano, en como distribuir o espazo, colocar muros ou non, as escaleiras do cine, as chairas para por na sala do cine, en por o chan e por as portas xa que el quería unha porta xiratoria para entrar na sala e Laura e eu dicíamos que non xa que era complicado para entrar moita xente e tamén para os camareiros coa comida. Tamén aprendín que as fotos do local son importantes xa que se non ensinan moito as cousas é que están en mal estado así que neste apartado hai que fixarse moito.


viernes, 18 de marzo de 2016

Currículos e contratos

Eu dos contratos e currículos aprendín a facelos o primeiro e o segundo que aprendín é que os currículos son moi difícil facelos sen ser ti a persoa, xa que tes que inventar unha experiencia profesional, tes que buscar calles, buscar universidades, nomes... e isto leva moito tempo. Dos contratos aprendín que é máis fácil de facer que os currículos pero que tes que fixarte en moito para facelos ben xa que dependendo dos currículos e do posto de traballo ten un salario e ademais aprendín que é o salario bruto e o neto. Desto aprendín que levar unha empresa é moi difícil e cansado así que tes que ter moi seguro que che vas adicar a iso a túa vida e esforzarche ao máximo.


O aprendín facendo o traballo á vez que encontraba dificultades, por exemplo o dos currículos o aprendín facéndoo e o dos contratos igual pero o do salario bruto e neto o aprendín encontrando unha dificultade que foi: discutir do salario con David, comentámolo con Paz e ela explicounos o que era.


Esto nun futuro creo que fará falta xa que os contratos, se ti queres crear unha empresa, terás que saber que tipo de contrato usar e o salario que terás que pagar e así. Logo o dos currículos creo que servirá para facer o teu cando sexas maior, e dicir, ti contarás co que tes que facer para ser máis "importante", para ter máis valor.


As dificultades que encontrei foron as discusións con David xa que temos diferentes puntos de vista como por exemplo o da tabla, quería facela noutro formato que el xa que quedaba máis ordenada pero ao final collimos a del, outro exemplo foi os salarios que dixen antes pero logo cando o explicou Paz xa quedamos de acordo os dous.


martes, 8 de marzo de 2016

Hoxe

Hoxe aprendín que antes fixen fácil os curriculums xa que eran dous iguais pero coma xa tiñan moitos técnicos fixen unha secretaria e custoume máis pero creo que me saliu bastante ben, ademais correxin os outros dous.

domingo, 6 de marzo de 2016

Experiencia traballo

Para mi está siendo una experiencia boa xa que aprendo a traballar en equipo ademáis de aprender a traballar cunha organización aínda que tamén ten as súas dificultades como que eu cabreome moito porque non estou de acordo con algunhas ideas de David. Polo tema das dificultades estou aprendendo que non todos temos a misma visión do traballo ademáis de que melloro o meu, coma dixen antes, traballo en equipo. A parte boa é que antes crear unha empresa parecíame moi fácil pero despois disto creo que é moito máis difícil do que estamos acostumados a pensar. Tamén pensaba que coller ao persoal da empresa era moito máis doado. O que aprendín tamén foi que tes que facer un montón de papeis para entregar ao banco e iso leva bastante, cando pensaba que se facía en 1 mes a creación esta (máis o tempo de construción).


Eu creo e vexo que no traballo en grupo deberíamos confiar máis nos nosos compañeiros xa que moitas veces cremos que non o farán ben ou non o farán como nós queremos, penso que igual o fan mellor porque teñen máis creatividade pero á vez non o facemos.


Por último vou dicir o que creo que fixen ben e mal. O organigrama penso que me quedou ben, igual non coma outras persoas pero si que creo que me quedou ben. Tamén a parte de tablas que fixen de que tipo de xente podería vir e que xente comprará o produto, etc... (Estas dúas cousas gustáronme pola creatividade). Outra cousa que creo que fixen ben foron os contratos xa que en vez de pór por exemplo unha rúa calqueira, busquei en google maps en Madrid e en Vigo e así.
A parte que fixen do primeiro punto non me gustou xa que era coma as demás.




viernes, 5 de febrero de 2016

Qué parte desta 2ª entrega fixeches ti?

Esta segunda entrega repartímonos os tres puntos xa que somos tres persoas. A min tocoume facer o punto do "noso mercado". Esta parte deume a entender de que temos competidores dentro da nosa empresa, con o cal, non vai ser fácil. Podemos ver con estes puntos que é o que temos que facer para ser superiores en comparación coas outras. Con estes puntos dinme conta de que imos necesitar moita publicidade das innovaciones para poder destacar e que a xente nos visite.

Por qué cres que é importante plantearse as cuestións do punto 2 á hora de iniciar un negocio?


Eu creo que é importante plantearse estas preguntas para saber con quen temos que competir neste negocio, para saber os puntos débiles de cada empresa e poder reforzalos nós á hora de facela. Isto pode levanos a facer unha empresa innovadora e así conseguir máis clientes. A conclusión é que coñecer o mercado con estas cuestións favorece a innovación e a aumentar a clientela e ser outra maneira de entreterse aprendendo idiomas xa que tamén a otra innovación (aparte da comida) é que as películas son en versión orixinal con subtítulos.